viernes, 17 de mayo de 2019

Presentación Casa dos Espellos #2 (jueves 16 mayo de 2019)


   El jueves 16 de mayo de 2019 se presenta el segundo número de la revista Casa dos Espellos. De nuevo nos acogen en Biblos, lugar perfecto para que en la Asociación de Amigas do Parque do Pasatempo comencemos a describir (y cerremos) círculos que siempre tienen como centro nuestro amado parque.

   Todo creció desde el primer número, más artículos, tres ilustradoras tomando en relevo del ilustrador de los orígenes. Nuevos autores y autoras, un parque cerrado y mucho que reivindicar y comunicar. Así nos presentamos en este 2019 con otro número bajo el brazo. Os dejamos con las imágenes de la gente de Biblos y las palabras que ellos mismos y varios compañeros, subieron a redes sociales.










   A Asociación de amigas do Pasatempo presentou o segundo número da súa revista dixital Casa dos Espellos. Diante dunha sala de Biblos completamente chea, os autores debullaron con brevidade o contido da publicación resumindo cada un dos traballos que contén, algúns moi interesantes sobre diferentes aspectos do parque e outros exemplos semellantes do estranxeiro, así como sobre emigración e patrimonio.
Biblos

Onte presentamos na Libraría Biblos Clube de Lectores o número máis poliédrico da revista Casa dos Espellos.

Gracias a toda a xente que pasou por alí, á que leva varios meses traballando para facela posible e á que, máis de 200 días despois da clausura do Parque del Pasatiempo, segue insistindo na súa recuperación.

Non pretendemos ser os salvadores deste sitio que é de todos, pero aportamos o noso gran de area por dignidade e porque pensamos que o patrimonio hai que estudialo e difundilo, non tapalo con mil faixas electorais.

Ángel Arcay Barral

MOITAS GRAZAS

Pasa o tempo e as amigas do Parque del Pasatiempo publicamos un ano máis Casa dos Espellos, o nº 2. Que mellor espazo que Biblos Clube de Lectores para a presentación, epicentro dinamizador da vida cultural da nosa cidade de #Betanzos.

Moitas grazas a todas e todos por vir a escoitar o que tentamos facer: unha "pequena pero gran obra de artesanía", como ben sinalou o amigo Ángel AB. E é un orgullo poder dicir que continuamos, e continuaremos, coa revista, porque traballamos con enorme esforzo voluntariamente durante 24 meses ata 27 persoas, xentes de todas as idades e de moitos lugares. E é un traballo #poliédrico, porque entre tantas persoas hai perfís moi distintos: arquitectos técnicos, historiadoras, educadoras, profesores, investigadores, filólogas e unhas ilustradoras que son unhas verdadeiras artistas.

A revista non ten só letras, tamén se compón de imaxe e do deseño máis novidoso. Pasado o tempo non teño dúbida de que outras persoas quedaran marabilladas coas ilustracións de Josiño Souto Santé, Kit Metrakit, Mar Von Hautkopf ou Diana, como nós quedamos namorados de Camilo Díaz Baliño, Isaac Díaz Pardo, Luís Seoane, Martínez-Santiso e tantos artistas que amaron o Pasatempo.

Emociona lembrar as experiencias vividas en torno ao Pasatempo, xermolo de ilusión e creación popular sen precedentes en Betanzos. E que aínda que agora estea pechado polo desleixo dun Concello de Betanzos - Betanzos Tan Cerca que vive na mentira, as Amigas do Pasatempo van aglutinando cada mes máis socios que demostran o amor existente por este parque único a escala mundial. E, con todo isto, recoñezo que coa Asociación sacas proveito do tesouro máis importante da vida: a amizade; serían innumerables as mencións que tería que facer neste sentido...

Polo tanto, sendo unha revista de investigación tamén o é de reivindicación por unha xustiza que estará por vir: salvar o noso corazón tan maltratado, o Pasatempo.

Daniel Lucas


Non hai mellor proba da importancia, estima e sensibilidade coa que a cidadanía se interesa polo patrimonio común que traballarmos xuntas por entendelo, dignificalo, coidalo. Orgullosísima dos compañeiros de asociación que tantísimo traballo están facendo polo estudo e memoria do Parque do Pasatempo, de todas as persoas que onte ateigaron a sala da libraría Biblos porque demostraron que aman o seu legado e que se negan a deixalo morrer, e orgullosa tamén de que existan espazos como no que por fortuna nos puidemos reunir onte, pois son centros culturais libres e xenerosos, referentes para o país.
Laura Camino

No hay comentarios:

Publicar un comentario