Cuarta entrevista, tócalle a quenda á xente do PP. Reencontro coa primeira política coa que tiven contacto para o blog, Cecilia Vázquez, candidata dos populares con quen falei no 2016 para documentar a actividade de limpeza da Fonte das catro Estacións (xullo 2016). Este programa serviu para ver traballar conxuntamente a Concello e Xunta, algo que desexariamos ver de novo e coa maior brevidade posible. Con ela achéganse dous compañeiros de listas, Susana Golpe, a súa número dous, e Eduardo Rodríguez Teijo, número seis. Persoalmente encántame ver con estas entrevistas, así llelo comento, un panorama político claramente feminino, na nosa asociación dáse esta mesma situación e damos a benvida a esta normalidade.
· Cal é o voso primeiro recordo do Pasatempo?
C: O meu é subida ao muro lateral esquerdo. Meu pai falábame do Pasatempo e eu quería velo, pero estaba en ruínas naquel momento. Insistín ata que me trouxo, tería seis ou sete anos e vin unha selva.
S: O primeiro téñoo con doce ou trece anos, viña un pouco clandestinamente cuns amigos a meternos e ter toda unha aventura polas covas en plan exploradores. Facíamos as nosas xuntanzas escondidas, secretas e prohibidas.
E: Con dez anos viñen cos meus pais, era algo que si se podía ver, era bonito, agora da pena.

· Fai canto que non ides a visitalo?
S: Fai moitísimos anos, dez, doce anos, viña cos meus fillos ao parque infantil, de feito eles saben algo polos recordos que lle contan meus familiares.
C: Eu dende o 2017 ou principios do 2018, co segundo programa de voluntariado xuvenil.
E: Hai seis ou sete anos viñen por última vez coa miña filla, e claro, era unha tristeza absoluta, nada que ver cos meus recordos.

· Sabedes que é este muro?
C: Sei que forma parte do Pasatempo pero non sei exactamente a que parte.
Arquivo da Asociación das Amigas do Pasatempo
· E este outro?
S: Non.
· É parte da Casa dos Espellos ou pode que da "Taquilla", o seu estado de esquecemento e abandono forma parte das nosas reclamacións.

Fotografía de Loty
· Logo, na parte baixa temos resistindo tamén á fonte das Catro Estacións e á Caridade, en torno a ambas había un auténtico bosque. O contraste co secarral actual é terrible.
· Que opinión tedes das políticas levadas a cabo no parque dende que é propiedade municipal?
C: As política foron desastrosas en xeral. O máis evidente é o estado actual do parque. Se durante estes anos, dende finais dos 80, isto tivera un mantemento continuado e un estudo, análise e diagnose de cada unha das pezas, hoxe non estariamos nesta situación. Eu podo falar dos últimos anos nos que impulsamos algunha pequena obra no parque (recordemos que Cecilia foi directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta). Non houbo nunca rexeitamento, pero foi algo que impulsamos nós. Se lles ofreces un recurso aos concellos o lóxico é que eles o reclamen; aquí tivemos que insistir no 16 e no 17, pero no 18 xa non presentaron proxecto.
· Ah! a iniciativa tiña que saír do concello?

C: Si, nós apoiamos en maior ou menor medida cada proxecto que nos presentasen en función do orzamento, pero este ten que presentalo o propio concello.
S: Todo se trata de non facer os deberes, de non traballar. Hai un montón de subvencións, provinciais, autonómicas, nacionais, europeas, ás que se poden acceder buscándoas e traballando: é o que aos demais nos indigna moitísimo.
C: Por exemplo as axudas á Estratexia de Desenrolo Urbano Sostible e Integrado, os fondos EDUSI, finaliza no 2010, estase a ver se os convocan de novo. Serven para humanizar espazos e para conservar o patrimonio, integrar rios nas cidades, dotar de equipamento deportivo... Eu pregúntome porque Betanzos nunca os solicitou. Son cinco millóns de euros.

· Que opinión vos merece a demolición do estanque dos Papas? No expediente do BIC ábrense as portas a escavacións arqueolóxicas na zona baixa do parque, é algo que non se contemplará no proxecto de restauración no que se está a traballar, como contemplades traballos deste tipo?
C: Toda demolición nunha xoia destas características paréceme moi mal, eu agora intentaría salvar o salvable, e despois escavar e obter información. A posibilidade de ter partes que se poidan mostrar, iso sempre estará aí, pero a parte alta está na UCI e temos que ir por partes.

· O voso partido apoiou a restauración da pasarela (no 2017), vivimos tres fases respecto á mesma.
1 Primeiro unha opinión boa xeral sobre a mesma ata que en marzo de 2017 vense abaixo o relevo do Estanque da Gruta.
2 Falan concello e arquitecto (Fernández-Albalat) que a deseñou, este indicou que se trataba de “parte del conjunto y uno de los símbolos de la parte moderna del parque” (ENLACE), isto levou a que se reformulasen mantela, curioso porque non se comunicara nunca unha opción diferente.
3 Finalmente, na mesma entrevista, fala dun cambio dos soportes da mesma: “ Independientemente de que más adelante se plantee la posibilidad de modificar los apoyos para evitar el contacto de una de las bases con el espacio histórico de El Pasatiempo.”
C: Non teño toda a información, pero entendo que se apoia a restauración completa da pasarela. Este elemento obviamente non encaixa neste entorno, pero sen ser profesional, nunca entendín, dende pequena, por que a pasarela ten que chegar ata o extremo oposto do parque.
· É que o proxecto era continuar a pasarela sobre o río.

C: Certo, recórdoo.
· Nin sequera soluciona nada en termos de accesibilidade, un tema moi complicado no parque.
C: Nós presentamos hoxe un plan de accesibilidade para o concello de Betanzos no seu conxunto, como unha experiencia piloto en seis zonas de Betanzos, unha delas o Pasatempo. Dende COGAMI (Confederación Galega de Persoas Con Discapacidade) dixéronnos que é moi complicado polas pendentes e por estruturarse en terrazas.
· Sabedes algo dese cambio de soportes dos que falaba Antonio Vázquez, reflectiuse nalgún proxecto?
C: Non, nada, a información que sabemos é case a de calquera cidadán a través da prensa. Nós rexistramos mocións, preguntas, etc, etc. Pero as respostas son falar de pinos cando preguntamos por eucaliptos. Eu cada vez que algún partido solicitaba unha pregunta na Xunta era a primeira en acudir ao Parlamento, ou eu pedía, a iniciativa propia, acudir e explicar a acción do goberno. Chócame isto na vida municipal betanceira. Na Xunta levando anos con maioría absoluta entendemos que a nosa labor é contar o que facemos.
S: Aquí dúas lexislaturas que nin sen maioría tivemos acceso a nada.

C: Unha árbore non se debe de cortar sen ser dunha especie invasora, pero sempre e cando non xere risco a unha persoa ou ao patrimonio. Se as árbores realmente ocasionan un problema en parte do Pasatempo haberá que ver se hai que cortalo ou trasladalo dalgún xeito. Na nosa segunda intervención, por exemplo, retiramos unha zona cunha praga de loureiros. Ademais de recuperar o invernadoiro retiramos certas especies invasoras e substituímolas por outras autóctonas.
· Cecilia, como directora xeral de Xuventude promovíchedes xunto ao concello as dúas accións das que falamos antes no parque. Pouco tempo de intervención, unha inversión lonxe das estratosféricas cifras que levamos anos oíndo, e que nunca deixan de ser promesas. Foron a limpeza da fonte das catro estacións e unha serie de traballos na vexetación da parte histórica, invernadoiro incluído. A fonte pasa por ser un dos elementos orixinais que mellor poden afrontar o futuro, no segundo campo de traballo xa faltaron acción posteriores do concello como cubrir o invernadoiro e manter todo o plantado nel, nuns meses xa morto.
Como se pode explicar que a segunda actividade non tivese, como comentaba, os necesarios traballos que o concello debería de ter realizado? Non se chega a algún acordo vinculante para recolocar vidros ou regar e protexer as especies plantadas no seu momento?
C: Como che explicaba antes os proxectos son a iniciativa do concello. Eles deciden onde actuar, o primeiro ano chamamos nós e actúase na Fonte das Catro Estacións, ao ano seguinte xa presentan eles o proxecto, non era a que máis me gustaba, sinceramente, pero eu non me podo meter niso. Faciamos máis de 30 campos de traballo, visitei case todos nos catro anos que estiven, vin traballos en castros, por exemplo, nos que existía continuidade, sempre era así, dun xeito ou outro. Séguese traballando no ben, este foi o único no que non pasou. Todos se toman en serio isto, son medios cos que ademais atraes xuventude, xeras certa riqueza, unha inversión, dormen, comen, mercan aquí. Este caso foi especial, a excepción.

Interior do invernadoiro antes da intervención.
Arquivo da Asociación das Amigas do Pasatempo
Exterior do invernadoiro antes da intervención.
Arquivo da Asociación das Amigas do Pasatempo
Invernadoiro en xullo de 2017 trala intervención.
Arquivo da Asociación das Amigas do Pasatempo
Invernadoiro en 2018, de novo abandonado trala intervención.
Arquivo da Asociación das Amigas do Pasatempo
No hay comentarios:
Publicar un comentario