martes, 21 de febrero de 2017

Entrevista - Rehabilitación da Estatua da Caridad (Gustavo Sánchez Méndez)

"Espero que as palabras de tódolos partidos políticos e os seus representantes, non quede só niso, en palabras e en visitas para o postureo"

   GSM Servizos Impermeabilizaciones Pymos foron as empresas responsables de que a estatua de La Caridad luzca branca e radiante máis de cen anos despois da súa chegada a Betanzos. Dende abril de 2015 puidemos contemplala case en todo o seu esplendor. Falamos con Gustavo Sánchez Méndez, propietario e xestor de GSM para que nos resolva algunhas dudas. Destaco o cariño co que nos fala da Horta de Don Juan e do seu traballo. O parque necesita traballadores cualificados de diversas ramas que se refiran ó seu traballo, como ben fai Gustavo, en términos respetuoso cara a obra a aranxar, sen querer intervir con artificios nos orixinais, sen enganar ó visitante como se fixo na Estatua dos Irmáns García ou en diversas pezas do parque. Resaltando que, de intervir, farase cunha documentación que nos asegure non reinventar nada. Déixovos coa entrevista, espero que a disfrutedes e aprendades tanto coma min.





- Comecemos por usar as palabras correctas, temos que falar de traballos de rehabilitación, de limpeza ou deberiamos de usar algún otro término.
- Os traballos levados a cabo na estatua de “La Caridad” foron traballos de limpeza e mantemento.
- ¿Que labores leváchedes a cabo para deixala Caridad tal e como a vemos actualmente?
- Foron empregados procedementos e productos o máis naturais posibles.
Empregouse peróxido de hidróxeno ou vulgarmente chamado auga osixenada e ácido citrico, ademáis de ferramentas tan peculiares como o típico cepillo “brush” e cepillos de dentes para os lugares de máis difícil acceso e por suposto moito cariño para manter un patrimonio tan singular para as/os betanzeiras/os, mesma técnica empregada recentemente na estatua dos irmáns Garcia Naveira na praza do Campo. Non se levou a cabo ningunha reparación das partes deterioradas, básicamente dedos rotos polo paso do tempo, xa que consideramos que sería un acto vandálico e unha falta de respecto co artista ou artistas que a esculpiron.
- ¿Foi similar á realizada na estatua dos Irmáns García Naveira, realizada en mármol de Carrara como a Caridad, no 2011?
- Descoñezo a técnica empregada no ano 2011 sobre esta estatua.
- En caso de no selo, ¿en que aspectos cambiou?
- Como comentaba a realizada no 2015 sobre a mesma foi cos mesmos criterios dos empregados na de “La Caridad”, non podendo solventar algúns problemas de oxidación pola composición da pedra en algunhas partes do conxunto.
- ¿Que equipo ou profesionais foron necesarios para realizar a intervención?
- Participaron un grupo de tres persoas na primeira supervisión e estudio da actuación a levar a cabo, e dúas desas tres persoas na parte activa da limpeza, persoas cunha longa traxectoria na recuperación e mantemento do patrimonio.
Non quería olvidarme e facerlle unha homenaxe póstuma a Raquel, alma mater dese equipo.
- ¿Que vantaxes ofrecen os materiais de calidad como o mármol de Carrara en que está realizada a Caridad para asegurala súa conservación?
- Vantaxes realmente poucas, xa que é un material moi sensible en exterior pola súa composición de grao fino e fariñento, ademáis da súa gran porosidade, non podendo empregar medios mecánicos para a súa limpeza o que levaría á súa desintegración.
- Dende a cercanía que vos ofreceu o andamio dende o que traballáchedes, ¿que desperfectos e roturas irreparables vistes na estatua?
- Como comentaba con anterioridade, algún que outro dedo roto e pouco máis, que o tempo foi deteriorando, como na gran maioría deste tipo de obras, e que intervir sobre elas sería contrapoducente ou pouco estético (como mostra o dedo dos irmáns García Naveira, na praza do Campo).
- ¿Cantos anos poderían pasar ata que a propia estatua da Caridad perdese seu actual no aspecto?
- Sería dificil dicir un prazo xa que dependemos de axentes externos, básicamente meteorolóxicos, aínda que penso que cinco anos para facer unha revisión e valorar a intervención sería un tempo axeitado.

- ¿En qué medida es preferible la existencia de un plan de conservación frente a la intervención puntual o de urgencia?
- Sen lugar a dúbidas a resposta é só unha, todo patrimonio que se queira conservar ten que ter un plan de conservación e actuación continuo.
Hoxe por desgraza está de actualidade o deterioro case mortal do Parque do Pasatempo (“Hortas de don Xoan” como dicimos ou coñecemos moitas/os betanzeiras/os). Escóitanse cifras de infarto que van dende os 1,30 ata os 1,50 millóns de euros (máis de 200 millóns das antigas pesetas) para actuar no citado espazo (a verdade, trala derradeira visita realizada ó Parque pareceme escasa). Espero que as palabras de tódolos partidos políticos e os seus representantes, non quede só niso, en palabras e en visitas para o postureo e que se actúe de verdade, de e co corazón nun Parque (algunha xente di que único en Europa) coa clara idea de que Betanzos ten un parque único como Compostela ten unha catedral única ou A Coruña un faro único.
As cantidades das que falaba antes darían para un plan de conservación de 100.000,00 euros anuais durante alomenos 13 ou 15 anos, co que as/os betanzeiras/os e tódolos visitantes terían, non un parque único en Europa, eu atreveríame a dicir único no mundo, creo que deixo claro o que é preferible.
Unha cousa que non quería esquezer e que axudaría o mantemento e conservación do Parque é unha vez realizada a actuación, que para axudar a mantelo nas mellores condicións, se pense en cobrar unha cantidade simbólica por acceder a él, como se fai noutros espazos de similares características polo mundo adiante. (Conservar e manter custa cartos e máis do que a xente cre).
-¿Cabría a posibilidade de realizar accións semellantes nas estatuas e fontes realizadas en formigón? 
- Por suposto que se poden realizar este tipo de actuacións nas construcións feitas con formigón ou morteiros, ademáis atrévome a dicir que dunha maneira máis sinxela por que a intervención con estos materiais resulta menos impactante, sempre que se fagan con cariño e responsabilidade.
De feito fai unhos meses actuouse na fonte cercana ó campo de fútbol (Fonte das Catro Estacións), coa realización dun campo de traballo. Levouse a cabo unha primeira intervención que, persoalmente, creo que ten que continuar ata tratar de recuperalo estado da mesma ata o que tiña nos seus anos de esplendor.
Nas Hortas pódese facer o mesmo e as técnicas de hoxe en día permiten prácticamente reproducir de maneira fiel o deteriorado, sempre e cando se dispoña da información previa.
-¿Qué otros servicios ofrece GSM servizos?
- Global de servizos Mandeo, s.l.u. (GSMservizos), somos unha empresa ubicada en Betanzos que nos adicamos básicamente á construción, rehabilitación e reformas con criterios naturais así como ó paisaxismo con criterios permaculturais.
A nosa construción é saudable e sostible e non por que estean de moda estes conceptos. Levamos, dos 25 anos da nosa existencia, os últimos 15 apostando pola construción natural co emprego de materiais naturais como son a madeira, o barro, o cánabo, a cortiza, a palla, a pedra, ... entre outros. Estamos especializados na construción de vivendas pasivas e traballos de mellora de eficiencia enerxética en vivendas, contando con numerosas construcións con esta tipoloxía por diferentes territorios do estado español.


   Moitas gracias Gustavo pola túa atención e noraboa polo éxito obtido no Pasatiempo.

Fotografías GSM
Entrevista de El blog del Parque del Pasatiempo e Eva Carballal Barbeito





Contacta  con GSM servizos na súa páxina.


No hay comentarios:

Publicar un comentario