lunes, 19 de abril de 2021

Presentación del libro Parque del Pasatiempo de Betanzos · 1 may 2021 · Aula de Cultura do Edificio Arquivo - Liceo de Betanzos

   O vindeiro 1 de maio presentaremos publicamente o libro "El Parque del Pasatiempo de Betanzos" na Aula de Cultura do Edificio Arquivo - Liceo ca presenza dos seus tres autores.

   Se queres ter o teu libro asinado pero non participar da presentación, poderás pasar polo Liceo entre as 19:30 e as 20:15h.

   Hai aforo limitado, polo que se queres quedar á presentación terás que reservar a túa praza no correo electrónico librodelpasatiempo@gmail.com

   Saúde e Pasatempo!!


   O autor deste blog pretendía conseguir a Gayoso para facer a presentación, non puido ser, teredes que conformarvos cos autores do libro.