lunes, 30 de mayo de 2016

Campo de trabajo en el Pasatiempo 15-26 julio 2016


Un total de 20 mozos e mozas revalorizarán a fonte das catro estacións do parque do pasatempo no marco dun campo de traballo promovido pola dirección Xeral de Xuventude



SUSCRIBETE


Noticia en la Opinión
Noticia en La Voz de Galicia



Un consorcio internacional coordina dende 1982 a organización de Campos de Traballo en todo o mundo. Os campos de traballo constitúen unha excelente ferramenta de educación non formal para a mocidade, que axuda ao desenvolvemento de valores de convivencia, tolerancia ou o traballo en equipo, xa que engloban experiencias de participación, de voluntariado e de mobilidade.
Son accións voluntarias, que os mozos e mozas realizan de xeito altruísta e solidario, poñendo o seu gran de area para mellorar a nosa sociedade. Tamén promoven a participación e implicación da xuventude na sociedade, afondando en materias do seu interese e abríndolles novos camiños para a súa realización persoal. Así mesmo, fomentan a mobilidade, pois ofrecen aos rapaces e rapazas a oportunidade de tomar parte en campos doutras comunidades e países.
Na actualidade, os mozos e mozas de Galicia de poden participar en Campos de Traballo de 34 países diferentes, os que, á súa vez, poden enviar aos seus nacionais a participar nos Campos que se celebran na nosa comunidade.
A programación dos Campos de todo o mundo conta con dúas partes ben diferenciadas. En horario de mañá os participantes realizan accións de traballo voluntario en materias medioambientais, etnográficas, sociais ou patrimoniais (o caso de Betanzos) dirixidas por profesionais nas diferentes temáticas, como arqueólogos, biólogos ou enxeñeiros.
Pola tarde, contan cunha programación de ocio e tempo libre, que normalmente inclúe actividades como deportes de aventura, actividades culturais ou visitas turísticas. Para axudar a sufragar estas últimas actividades é polo que en nos Campos de todo o mundo se cobra unha cota simbólica aos inscritos, que ademais sirve para axudar a garantir a súa participación efectiva no Campo.
Os campos de traballo enmárcanse dentro da Campaña de Verán 2016 que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado cun orzamento de 2,6 millóns de euros. Esta campaña é a máis inclusiva e importante dos últimos anos no que se refire a número de prazas ofertadas, xa que en total son 9.046.


   Todo lo arriba escrito forma parte de los mensajes oficiales o de prensa respecto a esta interesante actividad. Yo, la persona que humildemente realiza este blog, creo que el voluntariado es algo muy diferente. En estas actividades no participarán voluntarios, no, participarán personas que querrán ayudar, vivir una aventura, vivir la experiencia... pero ser voluntario es algo muy diferente. El simple hecho de tener que pagar por ello hace que muchas personas no puedan participar en esta actividad. Creo que un cambio de terminología no vendría mal, vamos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario