Presentámosvos a segunda búsqueda do tesouro que realizamos dentro do Pasatempo. A primeira, orientada ao público infantil, foi estreada no día das letras galegas do 2017 (ver ENLACE), a segunda foi a novidade un ano despois, o 17 de maio de 2018. Na Asociación de Amigas/os do Pasatempo quixemos darlle a esta celebración un toque de humor, algo para o que a lingua é moi importante, as letras galegas son para nós, entre outras cousas, un modo de xogar e de rir. Quixemos contaxiar esa idea, agardamos telo conseguido.
Tentei sacarlle á nosa compañeira Mar (ilustradora e escritora desta xoia) unhas palabras sobre a súa obra , pero soltoume un escueto: "Fuches testemuña do nacemento da idea e sabes que foi unha conachada". Así que nada que agregar, vexan e lean, e rían, tamén, rían moito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario