jueves, 8 de agosto de 2019

Viaxe improvisada 1910 | A romaría dos americanos (1ª edición · 24 de agosto de 2018)

Hoxe viaxamos ao pasado para loitar polo noso futuro.

   Roubeille estas palabras a unha das compañeiras da Asociación de Amigas do Parque do Pasatempo para dar comezo a esta entrada. Graciñas Laura, moi inspiradoras e atinadas (coma sempre), farei en torno a elas a reflexión que quería facer en torno a romaría e á asociación que coa festa remataba, en certo modo, o seu primeiro ano de vida.

   Tempo. Todo é cuestión de tempo nesta vida. Precioso tesouro limitado coma os do fondo do mar do buzo do Pasatempo, medido obsesivamente con reloxos que non coinciden dun lugar a ou outro, pura subxetividade. Tesouro variable de cada un do que descoñecemos  a duración e por elo sufrimos e penamos máis do debido. Idealizamos e añoramos o tempo pasado, agardamos o tempo futuro cheos de esperanzas, medos e incógnitas. Pasado de dinosaurios e futuro de medios de transporte imaxinarios, todo ten lugar no noso amado parque. Pero, acabase o tempo para el? Ten futuro? Sabemos cal é o seu pasado realmente?
   Levamos tempo mergulladas/os no pasado, investigando, sacando á luz historias e vidas, e non podemos agardar a que chegue ese futuro no que o parque sexa BIC e se leve a cabo esa restauración digna que merece e xamáis tivo. Viaxemos no tempo, voltemos a ese "hoxe" da frase de Laura. Será un curto camiño ata ese 24 de agosto do 2018 no que dende a asociación e o Concello de Betanzos (mil gracias outra vez polo apoio e medios) acadamos facer o evento máis concorrido no pouco máis de ano e medio que levavamos existindo.



   O 24 de agosto do 2018 celebramos ata tres acontecementos diferentes con outras tantas viaxes no tempo:
   O día do emigrante, o 125 aniversario do comezo das obras do Pasatempo e o 108 aniversario dunha xuntanza de Juan e Jesús cos seus amigos no parque.

*
   Unha homenaxe aos migrantes de tódolos pobos e tempos, aos de aquí que foron, aos de alá que viñeron. Aos que xa se foron e aos que ainda son. Uns fixeron as américas coma aqueles americanos, os indianos das palmeiras e modas traídas de Buenos Aires ou La Habana. Outros golpean portas pechadas, muros e alambradas, incluso rematando o seu tempo no mar Mediterráneo, ignorados pola vella, durmida, burocrática e insolidaria Europa. Por todos eles ben vale a pena ter un recordo, unha festa e unha homenaxe, ao que supuxeron para a nosa historia, a historia da nosa especie, dos nosos pobos, a loita humana por sobrevivir.

**
   Celebramos cun grito de protesta, cunha chamada de SOS, os 125 anos do comezo das obras do noso sentido de ser, a Horta de Don Juan, o Pasatempo.

***
   Celebramos unha curiosidade, un deses descobrimentos que nos trae o noso traballo, o noso compañeiro Ángel atopou unha noticia na Voz de Galicia do 1910, esa festa con carne feita ao estilo arxentino, esa especie de romaría con comida e amigos, algo cambiou en todo este tempo? Pois si, condimentos, a carne segue sendo carne.
   Este foi o caldo de cultivo, o arranque. Na primeira metade de 2017 o noso grupo daba os seus primeiros pasos, Elena e Ángel xa comezaban a falar e esbozar a idea dunha festa deste estilo. Seguiu pasando o tempo, sumáronse ata unha centena de socios e polo camiño gañamos enerxías, brazos, cabeciñas, almiñas e tempo.

    Unha desas incorporacións, Xosé Ramón comandou o barco, reunións e máis reunións, campaña en medios, videos virais. El sumou ao barco a varios dos protagonistas da festa:
   Suso Martínez, o guía turístico máis divertido e afamado do mundo dos vivos deste lado do río Miño.


Aquí tendes o video do pregón nunha reportaxe de La Voz de Galicia


   Tamén foi o responsable da actuación dos xeniais Marian Ledesma & Los Tinaquero Brothers.


  Dos fotógrafos de FotoMatones que, con cámaras e técnicas de época, acadaron inmortalizar dun xeito único e cheo de maxia, todas as almas que se prestaron a elo.



Fotografía Analóxica para Eventos, Festivais, Bodas.
matonesfoto@gmail.com
677 788 647

 

Fotografía de Fotomatón (ver a galería completa)

   E por último a presencia da xente de NFOCA8, fotógrafos que fixeron xoias como a que segue:
Fotografía de Antonio Perez Abella.

 Da man do Concello chegou un dos moitos tesouros da cidade, o Grupo Azougue da escola municipal de folclore de Betanzos, con quen compartimos membros como Sara, Noelia, Fátima (LF) ou Catuxa.



   Fátima (FS) encargouse de equipar e controlar os xogos de época que fixeron as delicias dos/as máis pequenos/as, axudado polos compis Mar(VP) (que pronto fuxiu), Dani (VG) e Laura.







   Ángel e un servidor fixemos varias visitas guiadas, sempre tentando que a xente coñeza o parque un pouquiño mellor.




Amamos a tradicional foto de grupo das nosas visitas e temos moita morriña delas TT

   Xa para rematar, unha das xoias da xornada, uns  coches de época de película, un Citroën Six e un Ford T, que trouxeron e coidaron os nosos compañeiros Esteban e Elena.




Fotografía de Marcos López Alonso (ver la galería completa)

Viuse moita cesta de mimbre...

Viuse moito paisano e moita empanada.

Visitaron o parque pioneiras sufraxistas...

... e algunha que outra periodista.





E moitos e moitas amigos e amigas. Agardamos seguir viéndonos por moitos anos.


Gracias polas imaxes a Aida Teijo Dopico, Ana Botana González, Yosu e calquera outro/a fotógrafo/a á que non lle imos pagar dereitos de autor. A todos/as os/as que poida ter olvidado perdón e dádevos por agradecidos polo que sexa.

Yosu ademáis de imaxes fixas é a nosa memoria visual con movemento, sempre nos regala o seu traballo en forma de videos preciosos cos que lembrar.



E para acabar, moitas gracias a Dani (VG) por mover e conseguir a aportación de Eroski, augas e tortillas gratis para os participantes. Gracias a todos os que axudaron pegando carteis, compartindo eventos, animando á xente a vir...

***

   Este tipo de accións bonitas trae consecuencias bonitas, rematamos cun artigo nun blog, Palabras da man ao corazón, lede e evitádenos ter que estropealo con comentarios sobrantes e redundantes. Sen dúbida é mellor resume do que é o parque que o que eu poida tentar escribir. Mil gracias Diana.


PRENSA
La Voz de Galicia 23 agosto 2018

Versión do poster para usar en instagram, a red social cuadriculada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario