jueves, 18 de mayo de 2017

Actividades: Pasa lingua (tesouros dunha viaxe improvisada) (17 maio 2017)

   Permirtídeme os lectores non galego falantes unha excepción, hoxe toca ler en galego, é moi sinxelo, invítovos a tentalo ou a tirar de "google translator".

   Celebrando o día das letras galegas quixemos facer unha triple festa no parque. Reclamar máis visibilidade e coidados para o noso Pasatempo, a causa principal que move ós meus compañeiros e máis a min na Asociación de amigos do Pasatempo, atraer ás/ós máis peques ó parque e,  como é obrigado nesta xornada, homenaxear á nosa lingua nai, o galego.



Ilustracións de Josiño Souto

   De novo convócase á xente polas redes sociais, de novo contamos co apoio dos medios de comunicación, prensa escrita, radio, tele, medios dixitais coma Betanceiros  en el Mundo ou Xornal de Betanzos (admiro a ambos medios, polo gran traballo realizado, sodes asiduas e valiosas fontes de información, graciñas veciños)

   A proposta saiu de charlas entre toda a xente que se está a agrupar en torno a asociación, o parque é un enorme campo de xogo, un lugar máxico que non envidia nada ó subsolo do pobo dos Goonies. ¿Que mellor forma de facer que se desfrute do parque que xogando nel? De ahí partimos, unha búsqueda do tesouro, por mor da data comezamos cunha o máis galega que puidemos. Non foi doado, no parque refléxase máis o de fora que o da casa, pero houbo sorte e dimos atopado esta ducia de elementos/palabras netamente galegas dun xeito ou doutro.

   Unhas indicación a modo de pistas, foron levando ós participantes dun lugar a outro, nese plano do tesouro formado por letras. E xa, unhas fotos que mostren que se atopou o que se debía atopar que revisamos e premios para os gañadores, sinxelo. Esperemos que sexa a primeira de moitas búsquedas do tesouro, a experiencia anima, rematamos moi contentos.
   A todo isto sumádelle un contacontos realizado ó final da búsqueda para acercar ós nenos á obra de Carlos Casares, homenaxeado este ano no día das nosas letras. Escollimos os contos da Galiña Azul, o fondo, semellante ó do parque, recalca o valor, o coñecemento e o respeto do diferente.

   Pero paso a contar algo do día en si. Xa ó comezo da xornada as nosas expectativas se ven amplamente superadas. Nenos polo parque berrando "vexo un sol, un gorro, unha man, reloxos... mamááááá, ¿que teño que buscar?" énchennos de orgullo, así é como cremos que o parque poderá conectar cos betanceiros, facendo que forme parte de recordos divertidos, que sexan parte das súas vidas e non as ruinas esas do Carregal. País que nos decían que non se fixaran en tal ou cal detalle, de novo oir risas e ruido no parque, a pesar da choiva dun día 100% primaveral, deses repugnantiños. Foi un placer pasar ese día con todos.

FOTOS

O tesouro buscado e "o mapa" coas pistas
Foto de Estela (Srt Stracciatella)

Dúas copias (non orixinais) das coleccións de postais do Pasatempo, foron premios extra para as dúas primeiras en atopalo tesouro. Uso o femenino porque claramente elas gañaron ;)
(Foto de Elena Couto)

Unha bolsa de chuches foron os premios para os 20 primeiros en atopar o tesouro.
(Foto de Elena Couto)


Gracias a Marisa Gabín pola foto e pola charla, por fin nos puxemos cara :D

Hora do contacontos da Galiña Azul.
Foto de Estela (Srt Stracciatella


PRENSA

12 maio 2017


15 maio 2017

17 maio 2017
"Orixinal iniciativa para promover o uso da nosa lingua"
http://www.crtvg.es/informativos/celebracion-do-dia-das-letras-galegas-na-coruna-2960408



18 maio 2017


Tras los pasos y “secretos” de Juan María García Naveira
Día das Letras Galegas en El Pasatiempo. Los niños reviven las andanzas de los García Naveira y, a través de una docena de elementos del parque, celebran el 17 de Maio sin reparar en que, a su manera, están dando una nueva oportunidad a la Huerta de don Juan.

Nenos buscan tesouros no Pasatempo
 Medio cento de familias participan no xogo de pistas que organizou a plataforma veciñal en defensa do parque con motivo do Día das Letras Galegas


   Gracias a todos os compañeiros da asociación, ó concello polo apoio, ós amigos que se achegan nestes eventos para dar datos e enriquecer o traballo en torno ó parque plasmado neste blog e, sobre todo, ós participantes, eses adultos de mañá que deron sentido a este novo experimento pasatiempero. Ata o seguinte :D

Ilustración de Josiño Souto

No hay comentarios:

Publicar un comentario