sábado, 28 de diciembre de 2013

Breve guía del Pasatiempo (1995)

   Buenas de nuevo. Tras una larga ausencia comienzo a subir una serie de catálogos sobre El Pasatiempo (gracias mil Mónica por prestarme estas joyas) En primer lugar subo esta completa guía realizada en 1995 por Alfredo Erias Martínez, Director do Museo das Mariñas, muy completa y concisa, un auténtico tesoro. Espero que os guste.








O Pasatempo
<<Parque Enciclopédico>>
Excmo Concello de Betazos
Museo das Mariñas

A obra dos García Naveira 
   A obra dos irmáns García Naveira é preciso enmarcala nun contexto amplio, porque somente así se pode comprender a súa verdadeira importancia. Como “indianos”, é dicir, como emigrantes que volven ricos de América, realizan na súa terra natal grandes obras públicas e benéficas, a imaxe do que facían e aínda fan os millonarios americanos (Rockefeller, Astor, Morgan... coas súas luxosas casas e coas conseguintes fundacións benéficas). Isto dalgunha maneira vese en toda Galicia e en España a finais do s. XIX e nas primeiras décadas do XX. Pero o que non é corriente é a gran dimension da obra dos García Naveira.

   Juan Mª e Jesús García Naveira naceron na Rúa da Ribeira, nº53 antigo e 47 actual. Eran fillos de labradores con familiares probablemente zapateiros, como denota o feito de que foran coñecidos polos “Subela”

   Juan Mª naceu o 16-V-1849 e emigrou á Arxentina no 1869, onde fai unha gran fortuna. Volveu á súa terra no 1893, vivindo en Betanzos ata a súa morte, o 9-III-1933. Entre esas últimas datas creou na súa cidade: un novo Lavadeiro Publico das Cascas (1912), o “Refugio” para nenas subnormales (1923), o Sanatorio do San Miguel (1930) e o Parque ”El Pasatiempo”.

   Jesús naceu o 14-VI-1853, emigrando á Arxentina no 1871, onde se asocia co seu irmán en distintos negocios e empresas. Reside habitualmente en Madrid, aínda que veranea en Betanzos. Morre na Arxentina no 1912. A través de legados testamentarios realizou en Betanzos as Escolas Municipais Jesús García Naveira (1917) e a Casa do Pobo (1918).

   Os dous irmáns fundaron conxuntamente: o Lavadeiro Público das Cascas (1901) e o Patronato Benéfico-Docente “García Hermanos» (l908), que constaba dun Asilo (1912) e das Escolas “García Hermanos”.

O PASATEMPO
   A mellor definición que temos do PASATEMPO douna Luís Seoane, que o chamou “Parque Enciclopédico”, expresión que engloba dúas características básicas: 1) a de ser un parque para o recreo e disfrute estético, e 2) a de ser unha extraordinaria e fabulosa enciclopedia de saberes, con finalidade claramente didáctica.

   Don Juan foi o gran protagonista desta obra inmensa. Cubría uns 90.000 m2 e integraba, nun conxunto cheo de orixinalidade: edificios, esculturas, xardíns... Constaba de dúas partes ben definidas: l) os xardíns do Pasatempo, que con 80.000 m2 se entendía por toda a parte baixa e cha do conxunto, e 2) O Pasatempo propiamente dito, duns 8.000 m2, distribuídos en diferentes niveis, aproveitando a inclinación do borde leste da cunca fluvial.

   Iniciou as obras Don Juan García Naveira entre o 1893 e 0 1895, recén chegado da Arxentina. O conxunto foi medrando pouco a pouco como se dun organismo vivo se tratase. Nun artigo de La Gaceta de Obras Públicas de Madrid (ano 1908) dise: “como Don Juan no sabe estar ocioso, compró un terreno que era erial y de charcas y con una perseverancia increíble, lo ha -transformado en una posesión admirable y admirada par todo el mundo, lo cual Ie tiene completamente obsesionado... y costará muchos miles de duros, pues don Juan García, cada vez más obsesionado por lo que ha hecho y hace, no sabe dar paz a la mano y aI bolsillo, y ha de hacer que el nombre de BETANZOS y de la ARGENTINA sean glorificados”.

   O tempo empleado foi, polo tanto, necesariamente dilatado, con épocas de baixa actividade, como entre 1908 e 1912 cando construía o Asilo e as Escolas e, así mesmo, entre 1914 e 1918 por problemas de suministro de materiais, debido a Primeira Guerra Mundial. Con todo, no 1914 estaba practicamente configurado, aínda que seguiu mercando novos terreos e engadindo ideas.

   Independentemente de calquera explicación mais ou menos ligada ó comportamento da clase social que representaba don Juan como millonario e como indiano, debemos destacar a función de beneficio social que persigueu o Pasatempo. Esta finalidade tiña dúas vertentes: 1) a de proporcionar traballo ós desocupados e 2) a de tratar de facer rentable o conxunto, como apoio ó “Asilo”.

   Efectivamente, don Juan chegou a ter uns 200 obreiros traballando 6 mesmo tempo, co que non só melloraba as condicións inmediatas de vida de moita xente, senón que tamén fomentaba a aprendizaxe de oficios e técnicas. Hai que ter en conta que se empregaban unha gran diversidade de materiais, tales como: cunchas, croios, esquistos, botellas, etc. Moldéase a propia vexetación; sácaselle partido nun alarde de improvisación xenial as características do terreo; introdúcese o cemento Portland e novas técnicas constructivas da época...
   O propio don Juan dirixía os traballos a pé de obra e, ó parecer, a súa filla Águeda proporcionáballe boa parte dos debuxos que precisaba. Dous parecen ser os pilares sobre os que se baseou: 1) a propia visión do mundo e da sociedade que don Juan tiña a partir da súa experiencia vital, e 2) as viaxes que este realizou.
   Don Juan a penas sabia ler cando emigrou a Buenos Aires, polo que se viu na obriga de acudir alí a clases nocturnas ata conseguir unha cultura digna. Esta experiencia persoal fixo que dése unha extraordinaria importancia a educación, cousa que se trasluce perfectamente no Pasatempo.
   No periódico local Nueva Era do 7-VI-1914 apareceu a seguinte noticia: El profesor de Instrución Primaria Edelmiro Moreno esta encargado de dar clases gratuítas de doce a dos de la tarde a Ios trabajadores de El Pasatiempo de don Juan García, por orden de este generoso filántropo. Merece unánimes elogios la meritoria obra del Señor Naveira para con sus obreros».
   Pola importancia que don Juan daba á educacion, compréndese doadamente que houbese unha
vinculación moi estreita entre o Pasatempo e as Escolas. O propio regulamento destas dicía: “De cuando en cuando, en Ias épocas y dias convenientes, se organizarían paseos y excursiones de practica escolar; para los alumnos y alumnas de la primera enseñanza, acompañados de sus respectivos profesores, quienes, sin prescindir de la Lección teórica del dia, Ies explicaran cuanto a su vista se presente digna de atención. A fin de desarrollar la facultad de discurrir; los niños y Ias niñas de las secciones más adelantadas, escribirán y redactarán una memoria descriptiva de lo que fuesen observando, y de Ias impresiones recibidas en estas instructivas, higiénicas y amenas distracciones escolares».
   Nesta liña, organizáronse excursións das Escolas a Madrid, Sevilla (Exposición Iberoamericana), Ferrol... e, naturalmente, ó Pasatempo. O propio patio e a parte posterior das Escolas (tamén no “Refugio” onde aínda quedan) tiña tamén numerosos releves, similares ós do Pasatempo, destinados a este fin pedagóxico, verdadeira “obsesión” de don Juan.
   As viaxes foron, desde logo, fundamentais na concepción xeral de don Juan. Arxentina aparece representada ampliamente, pero non hai que esquencer o seu percorrido por Europa no 1899: Burgos, Vitoria, Tolosa, San Sebastian, Paris (onde se preparaba a Exposición Universal), Suiza, Milan, Turin, Venecia, Florencia, Roma, Nápoles, Pisa, Génova... A importancia parisina e a italiana son moi visibles no Pasatempo.
   Outra viaxe de trascendencia foi o realizado a Egipto no 1910. Del quedara tamén ampla memoria no Pasatempo.
   Da antiga parte baixa do Pasatempo hoxe só queda a Fonte das Catro Estacións, a Estatua da Caridade e a dos irmáns García Naveira (esta trasladada é Praza do seu nome), pero desapareceron a Fonte de Neptuno e a Fonte Florentina. Os leóns da entrada están en Covadonga e a Avenida dos Emperadores Romanos ou a dos Alamos (entre os que estaban as estatuas de grandes literatos) somente son recordo. Nada queda do Estanque dos Papas, nin do Estanque Xaponés. Tampouco está o Mirador Chino, nin o Pabellón Octogonal. Bancos do xardín coas bandeiras dos distintos países tamén desapareceron, así como canles, pontes, surtidores, un invernadeiro, un laberinto...
   Toda esta parte cambiou, é certo, pero hoxe revive doutro xeito, gracias é realización dun novo parque, onde se condensan moitos dos elementos perdidos. 
   A parte alta, o Pasatempo propiamente dito, aínda pervive na síaa meirande parte ó longo de cinco niveis. No primeiro, atópase a gran entrada á Gruta artificial, coa representación dun elefante e dunha xirafa... Frente a ela está o Estanque da Gruta coas inscripcións “PASATIEMPO” e “1893”. Nas súas paredes vense diversos animais: cabalo, camello, dromedario, hipopótamo, rinoceronte...
   Comunicado con este estanque hai outro mais pequeno no que se ve unha balea e a boca de Hades ou do Inferno, copiada do italiano Bosque Sagrado de Bomarzo.
   Cara ó Sul está o impresionante Estanque do Retiro, recuberto de pedras e cunchas. Nel pode verse un dirixible e dous automóbiles. Na cara sul vemos grutas outra vez e, no medio, hai unha illa artificial cun fermoso templete, tendo baixo del dúas mulleres que vaciaban ininterrumpidamente os seus recipientes inagotables... A Arbore de Guernica tamén está alí representada.
   A gran parede que pecha ó Pasatempo polo Sul ten a lenda “ESPANA MONARQUICA Y SUS 18 HIJAS REPUBLICANAS” cos escudos desas repúblicas. Nesa zona esta a Fonte da Agricultura, re- presentando unha campesiña.
   Copia de manuais escolares e de postais das viaxes son diferentes escenas tales como: 0 sacrificio do indio Tupac Amaru, a morte dos cristianos no circo romano, o fusilamento de Torrijos, “La Paz por el arbitraje” (figura puramente xeométrica), etc.
   Hai unha parede cun sinnúmero de animais. Outra con azulexos decorados. Nunha máis, vese un buzo e a estacion dun funicular. A Arxentina aparece representada con tódolos escudos das súas provincias, ademáis da cidade de Buenos Aires, simbolizada polo obelisco da Avenida 9 de xullo. Coroaban o conxunto os bustos en cemento dos doce primeiros presidentes arxentinos.
   No segundo nivel aparece a árbore xenealóxica do Capital, así como un recordo da viaxe dos García Naveira a Egipto, coa imaxe dos protagonistas, copia dunha fotografa tomada ó pé das pirámides. Aparece tamén un aeroplano, a mezquita de Mohamad Ali de El Cairo, a Muralla China, o Canal de Panamá...
   A través dun complexo entramado de grutas chegamos ó terceiro nivel, onde aínda quedan os restos dun león xigantesco. Rematan este espacio unhas formas que semellan montñas ou pináculos caprichosos, ó estilo de Gaudí (Parque Güell), de quen toma referencias don Juan.
   No cuarto nivel estaba o zoolóxico, con lobos, un yak (regalo de Alfonso XIII)... Permanecían en xaulas especiais. Tamén había cisnes, ocas nunha “Arca de Noé” con patos nos estanques... Hoxe está previsto ese espacio para cultivo de árbores de distintas especies.
   O paso ó quinto nivel realizase a través dunhas escaleiras flanqueadas por dúas estatuas (unha representa a Xusticia)... Na cima, hoxe hai un invernadeiro e un espectacular mirador desde onde se ve non so o conxunto do parque, senon tamén a cidade de Betanzos ó fondo.
   O Pasatempo entrou en declive coa Guerra Civil, estando alí un campo de concentración, e desde ese tempo quedou no esquencemento ata que o Concello mercou eses terreos no 1986, momento desde o que de novo empezou a renacer: para os vellos volveron as lembranzas e para os novos a sorpresa. Andar polo Pasatempo é como facelo polas paxinas dun libro, un libro de pedra que nos transmite múltiples coñecementos e sensacións...


 Alfredo Erias Martínez
Director do Museo das Mariñas
IV-1995
Bibliografía:
FUENTE GARCIA S.J., Santiago. “García Naveira, Juan y Jesús”. Gran Enciclopedia Gallega.
RODRIGUEZ CRESPO, Manuel. Lucha y generosidad de los hermanos García Naveira. Concello
de Betanzos, 1983.
CABANO, Ignacio; PATO, M“ Luz e SOUSA, José. “El Pasatiempo: un pais de Oriente”. En:
Anuario Brigantino I986.
CABANO, Ignacio; PATO, M“ Luz e SOUSA, José. “El Pasatiempo”: 0 capricho dun indiano. O
Castro, Sada (A Corña), 1991.

No hay comentarios:

Publicar un comentario