🚫
176 días pechado e con xente entrando continuamente.
⚠
Usaron os nosos cartos para ir a FITUR a promocionar un turismo local ao que lle esconden unha das súas xoias.
👀
Alguen pensa que por que estea pechado imos esquecernos do problema que supón o parque?
💔
Aos betanceiros non lles doe ver o parque abandonado, sen ninguén traballando nel e soportando mentiras de proxectos, anteproxectos e inversións?
Turistas dentro do parque, co cerre de coña que ten a parte alta entra quen quere.
Vándalos que aproveitando que o parque está valeiro e sen vixiancia fan estas burradas poñendo a esculturas como esta en perigo.
Esa pedra sobre o delicado mosaico amosan o pouco coidado co que se fixeron os traballos para "arranxar" o barco derribado. 7 días de chollo e 176 pechado, ¿que xustificación se nos da?
Ao sacar a auga tal e como se fixo, persoal de protección civil cunha bomba de achique, sen proxecto, sen restauradores, sen constructora, sen proxecto, sen man de obra especializada, ademáis de romper e caer a escultura do barco, o mosaico, e todo a illa en xeral, vai rompendo e agrietando.
O barco alí está, coma os restos do derrumbe de 2017, tirados sen o coidado necesario, non están protexidas da choiva nin dos vándalos.
Desalentador o panorama. ¿E esto está a piques de ser declarado BIC?
Espuma de poliuretano nunha restauración? Perdón?????
Que dirían disto os titulados en restauración?
A finais do verán de 2017 reunímonos coa actual alcaldesa e con outro concelleiro avisando das grietas da zona. O primeiro testigo colocado para medir e comprobar se había movementos colocouse a finais de 2018 trala caída do barco. NEGLIXENCIA
Restos "perfectamente" custodiados e protexidos de que alguén os converta nun "bonito recordo".
As bolsas de area sen calzar correctamente as esculturas, por dios que alguén revise esese traballos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario