martes, 17 de octubre de 2017

Adeus a outro fragmento de parque

   Dende febreiro  a Asociación de Amigas/os do Pasatempo está pelexando pola supervivencia do parque.

   Os xestores do público no lle poñen solución. Non dan unido esforzos, a Xunta directamente non quere apotar nin un euro, e queremos que se unan XA.

   En septembro moita prensa galega e local axudounos a comunicar as nosas protestas, naquel momento falamos dos muros da illa central do Estanque do Retiro que se están vindo abaixo. Déixovos unhas imaxes e xulgade, nin vandalismo nin un envellecemento normal, estamos ante unha situación clara de colapso estructural. Esta semana presenciamos un paso máis na debacle desta zona que está ante un claro perigo de desaparecer. Por suposto, este medo é extensible á integridade do visitante, o pilar agrietado da derradeira foto podería provocar a caída do templete e mesmo a morte de alguén que puidera estar debaixo. Moito ollo.

19 - 7 - 2015
O estado do barco xa era lamentable fai dous anos, que se fixo para solucionalo?


13 - 12 - 2016
As plantas crecen nas fendas do parque, abríndoas máis  coas súas raíces. O mantemento brilla pola súa ausencia. A planta da foto non ten ese tamaño nun día ou dous.

8 - 9 - 2017
O colapso comeza a apreciarse en septembro de 2017. A illa rómpese en dous, a fenda abre comezando a caer pedazos do morteiro que recobre todo o banco.

17 - 10 - 2017
En outubro vemos que xa caeron cascotes. O muro non é mazico de hormigón e coa choiva o interior  irase degradando con maior facilidade e a máis velocidade.

17 - 10 - 2017
Foto case idéntica á de fai un mes, os problemas van a máis, repito, esto nun so mes. Que ninguén tente negar que temos a razón, por desgracia o paso dos días deixa claro que quenes mimamos, estudiamos e controlamos o parque sabemos realmente o que lle pasa. Na Asociación somos moitos, temos diferentes especialidades profesionais e vemos o que pasa no parque case a diario. O control que facemos é polo ben do parque. Só queremos axudar, e pedimos á Xunta, Concello e Diputación que nos escoiten e que actúen XA.

Da medo ver o pilar do que falabamos ó comezo. Mentres os rapaces se suben e apoian para sacar fotos, mentres os fotógrafos manda posar ahí ós/ás modelos, mentres familias enteiras pasean ó seu redor, unha cantidade importante de quilos está desafiando á gravidade e de non facerse nada poden caer en calquera momento.


Nunha reunión mantida coa xente do Concello obtivemos permiso para colocar esta cadea. Non pasedes, non vos arriesguedes, non pisedes o mosaico e teselas de cores nin o de canto rodado do corredor petimetral. Sede uns visitantes cívicos e axudádenos a que esta zona deixe de visitarse mentres as condicións de seguridade non sexan as adecuadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario