viernes, 15 de septiembre de 2017

Tentamos amañar o Estanque do Retiro? Orzamentos participativos




O Concello de Betanzos quere facer participe á poboación da vila dos seus orzamentos, deixando unha partida de 50.000 euros para que cadaquén poida presentar propostas nas que invertir eses cartos.



É por iso que che queremos pedir axuda. Trátase dun esforzo mínimo pero que pode axudar a que o Templete do Estanque do Retiro sobreviva máis tempo. Propoñémosvos que cada un envíe unha proposta cos datos que aportamos no documento descargable, nel pedimos ao Concello de Betanzos que amañe esta parte do Pasatempo. Prazo: ata o 30 de setembro Condicións: empadronados en Betanzos de máis de 16 anos ou asociacións rexistradas. Proceso: Enviar un documento no que apareza a identidade da persoa, o título da proposta de investimento, a localización exacta onde se quere realizar o investimento, unha descrición da proposta e a estimación do importe total. Tres maneiras de presentar a proposta: - Enviando por email a comunicacion@betanzos.net - Rexistrándoa no Concello, nos mostradores que están na parte baixa do Liceo. - Se tes certificado dixital ou similares, enviándoa a través da Sede Electrónica do Concello á que podes acceder a través de www.betanzos.net As propostas viables serán sometidas a votación popular tras ser aprobadas polos servizos municipais.


> > > > > > > > > DESCARGAR O ARQUIVO WORD < < < < < < < < <

No hay comentarios:

Publicar un comentario