miércoles, 16 de agosto de 2023

Reconstruindo o Pasatempo

    Fago esta entrada, a número 376, tras darlle moitas voltas ao contido. Comezarei aclarando o especial destas liñas xa que tentaban ser unha homenaxe ao blog, hoxe fai dez anos que publiqueir por primeira vez, o 17 de agosto de 2013.

   Sendo esta unha ocasión especial pensei en diferentes contidos:

- Retomar unha das promesas de anteriores entradas analizando algunha cagada que se está a cometer actualmente na restauración, voltaría a dar caña, algo que me caracteriza.

- Pensei en falar das xeniais visitas que de novo dan vida ao parque, fixéronme estar tres horas atento como se fora a primeira vez que o visitaba.

- Finalmente supuxen que debía falar algo de min e do blog, das metas conseguidas nestes dez anos de traballo infatigable, pero cando ía comenzar a escribir dinme conta de que uns videos que fixemos tentando ensinar como era o parque non apareceran ainda no blog e desestimei as anteriores ideas. Penso que enunciándoas igual xa chega, non teño tempo para escribir dende fai anos.


   Na serie de videos que vos vou deixar abaixo (por agora dous) amosaremos como fomos chegando ás conclusións que dan vida a todo o contido que creamos dende a asociación de amigas do Pasatempo. O proceso é moi sinxelo, non paran de aparecer fotos, incluso a máis pequena e borrosa pode ofrecer datos valiosísimos, a suma de todo este material gráfico que posuímos, camiño de 600 fotografías anteriores ao anos 90, permítennos encher ocos de información, crear a imaxe global dunha escultura, dun xardín, dun mosaico... Entre Yosu, Ángel, Dani e eu (Josiño) fomos encaixando nos últimos seis anos tódalas fotos, comentando, recordando outras imaxes ata exprimir cada unha ao máximo.

   Fai tempo pensei en darlle vida a este proceso, fixémolo con estes videos que compartimos no noso instagram e no noso canal de youtube.

   Como os parimos?

   Empezo eu recordando a información aportada polos catro frikis ociosos que vos decía antes, póñome mans á obra, a debuxar (son ilustrador). Escollo as fotos que penso que máis poden aclarar como era o Pasatempo e a agarrar o lápiz. A cor fágoa con photoshop, traballando por capas e xerando varias imaxes diferentes. obviamente reviso varias fotos constantemente. Entre Laura e eu  creamos o texto (en galego e castelán) que acompañará ás imaxes e finalmente Yosu pon a maxia editando o video, e con esa xenial intro animada que me parece unha xenialidade, dalle movemento ás imaxes, añade sons que aportan moita vida e listo, xa podemos compartir a nosa mirada.

 



   Graciñas a todos por estes dez anos, polas máis de 500.000 visitas nas 376 entradas nas que tentamos non ser moi peñazos, pero si serios, contundentes, claros, críticos e veraces. O material deste blog foi compartido e usado por xente da prensa, por técnicos que traballaron e traballan no parque, por estudiantes para os seus traballos académicos, por escritores... toda unha honra que fai dez anos non podía nin imaxinar.

   Visita, valora, coñece, coida e ama ao noso patrimonio. Aburiño!

No hay comentarios:

Publicar un comentario