Aquí podemos ver varias cousas, o mirador de planta circular e a edificación do nivel máis elevado. As horrendas cores fannos chorar, por último comentar que ainda non se ven os froitos do desastroso traballo do paisaxista que encheu todo de árbores que nuns anos formarían un auténtico muro que impediu ver o parque, restándolle visibilidade, simboloxía e, o peor de todo, seguridade ás covas subterráneas.
Mesmo encuadre, mesmos desastres.
Nesta imaxe podemos ver bastante ben o mirador metálico situado por detrás do León Colosal, (non confundir do de planta circular de varias plantas) esta reconstrucción pasa por ser unha positiva intervención, recuperando moi ben as formas do mirador orixinal e marcando unha clara estética moderna que impide que se poida confundir cun elemento orixinal do parque.
Xa estamos na parte aterraza do parque, a zona máis pedagóxica e enciclopédica. Vemos a obra a medio facer. Xa temos a horrenda baranda no Estanque do Retiro, unha escultura de formigón detrás das bailadoras e bailadores da marxe dereita, afortunadamente retirouse do lugar. Nos muros das terrazas chaman a atención as rozas abertas para retirar as tuberías. No muro dos azulexos podemos ver como debaixo dos mosaicos aparecen unhas zonas de azulexo branco en aparente perfecto estado, por desgracia na restauración arrancáronse para colocar azulexos doutro modelo, algo totalmente inexplicable, o rigor non existiu en diversas intervencións. Na terraza do León ainda non se vía a baranda "vexetal" reconstruida. A pasarela vermella xa fixo acto de presencia, cargando, durante anos (ainda o fai), varias toneladas de peso no muro orixinal, "acerto" tremendo do arquitecto firmante do proxecto. A mangueira azul saindo do Estanque do Retiro conforma a mesma imaxe que a actual (xaneiro de 2020), achique de auga, indicándonos que hai traballos en marcha, ou próximos, no estanque.
Nesta imaxe vemos moito mellor a zona de azulexos brancos anteriomente comentada, unha cuadrícula de 3x3 sustituida a posteriori por algún "artista" que quixo reinterpretar a obra de Juan García Naveira. E torno ao mosaico de azulexos non existía un recuadro marrón que se puxo a posteriori, de novo a enmenda á obra orixinal doutro "artista".Vemos tamén as rozas que tamén da imaxe anterior.
A terraza do león seguía no estado ruinoso herdado do abandono, o propio León Colosal non existía, vemos os restos que logo, durante a obra, serían demolidos, impedindo que chegara aos nosos días nada do león orixinal
Vemos cal era a situación da pirámide, a mezquita e a viaxe á Exipto.
Salto no tempo, xa temos o león moderno, unha versión que, sen ser fiel ao orixinal, non porta nada novo que conte algo novo, añada valor ao parque, ou supoña algo diferente a un pegote, un parche dentro dun parque da valía do Pasatempo.
Xa temos parte do parque reconstruida e pintadiña, o invernadoiro de arriba e o muro dos azulexos destacan, noviños do trinque, entre esculturas descabezadas.
Máis color, é digno de aplaudir o pintado do escudo da base da que podería ser unha alegoría da liberdade, estando a escultura sen limpar nin reconstruir (más tarde si se faría) vemos como a orde dos traballos non foi a adecuada, primeiro limpa, recupera, logo pinta se queres, ainda con tan cuestionable paleta de cores, pero primeriro limpa. Pintar sobre bases inadecuadas fixo que aumentaran os problemas de conservación de varias pezas.
Foto na parte baixa, parque moderno, nada que ver que orixinal, nin tan sequera ocupan a mesma superficie. A fantasía kitsch desta parte do parque non lle preocupa o máis mínimo a quen esto escrebe, así que sen máis, pasemos á úlima imaxe.
Muro xa reparado, un morteiro sobre a superficie e áridos salpicados sobre o mesmo. Máis zonas pintadas e outras, de novo, sen limpar, o texto da paz polo arbitraxe ou os animais do friso. a temos reocnstruida e pintada a posible alegoría da liberdade. Na marxe dereita vemos a estructura metálica que serviría de base para esa planta, definindo a súa forma. Non entendo como se colocou diante dese oco no muro, onde, baixo ese arco de mediopunto, atopamos un banco e varios azulexos que forman un auténtico muestrario deste material.
Nada máis, agardamos que vos gustasen as fotos, que vos serviran para ser máis conscientes da serie de desventuras que viviu o parque baixo a man de obras e técnicos máis que cuestionables.
***
Recordade, toda canta imaxe teñades pode servirnos para descubrir novos detalles, compartide e aprendamos todos xuntos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario