O motivo?
Que o
Concello de Betanzos decidíu quitar a auga do Estanque do Retiro que
era a que soportaba o peso do muro da illa. Dende fai meses a Asociación
de Amigos do Parque do Pasatempo alertamos das numerosas grietas que
provocaran o cambio de caudal do estanque. O mércores 25 vimos como
metían maquinaria de achique no Pasatempo. Durante toda a xornada de
hoxe tratamos de contactar cos responsables políticos e técnicos
desta decisión sen obter máis resposta que o coñecemento da
inmensa maioría. Horas despois o Concello de Betanzos anunciaba o
peche do Parque do Pasatempo.
Os culpables?
Os
técnicos betanceiros que aprobaron esta obra, os técnicos de
Patrimonio da Xunta de Galicia por non ter parado a este grupo de
incompetentes que xa demostraron en décadas pasadas non ter o mínimo
coñecemento para tratar co patrimonio e, sobre todo, os cargos
políticos que seguen co seu empeño de facer desaparecer a obra de
Juan García Naveira.
As
responsabilidades?
A dimisión inmediata dos concelleiros encargados
do Parque do Pasatempo, especialmente dos encargados do apartado de
Obras e o de Cultura, pola falta de sensibilidade cara o patrimonio
de todos os betanceiros, e, en consecuencia, da Alcaldesa de
Betanzos.
A solución?
Sentimos dicir que o tema do Templete, do que vimos advertindo dende
fai anos, non a ten. Contra todo isto, a Asociación pensa emprender
accións legais.
Por este motivo, a Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo convoca a toda a veciñanza a unha concentración diante do parque o próximo domingo 28 de outubro ás 12 horas
Por este motivo, a Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo convoca a toda a veciñanza a unha concentración diante do parque o próximo domingo 28 de outubro ás 12 horas
No hay comentarios:
Publicar un comentario