jueves, 28 de septiembre de 2017

Fotografías del Pasatiempo (Laura Míguez, Noelia Couceiro y Martín Graña 2017)

   Canto máis vivimos e coñecemos o Pasatempo, máis nos damos conta de que os máis novos aman o parque. Encántalles saber que significa esto ou aquilo, poder valorar a xoia que hai en Betanzos. Somos moitos oos que, sen ter nacido alí, desfrutamos acercándonos a este lugar tan cheo de encanto, tres destas persoas queren compartir con nós algunhas fotografías que tomaron alí, no seu parque, porque, como siempre repetimos, cada fotógrafo mostrarnos un parque diferente, o Pasatempo que eles, a través de seus obxetivos e as súas sensibilidades, perciben. Hoxe invitámosvos a ver o parque a través dos ollos de Laura, Noelia e Martín.

Máis fotos de Laura Míguez en instagram >>>ENLACE<<<
Máis fotos de Noelia Couceiro en instagram >>>ENLACE<<<
Máis fotos de Martín Graña en instagram >>>ENLACE<<< e en facebook >>>ENLACE<<< 


LaUrA MiGuEZ
¿Que recordo gardas da túa primeira visita ao Pasatempo?

A miña primeira vez no parque recórdoa coma un momento "mágico". Tiven a sensación de estar entrando nun mundo distinto, con moitos rincóns por explorar e descubrir. Acompañado, ademáis, por unhas inmensas ansias de fotografialo todo.

¿Que rincón do parque é  o teu  favorito?

Meu rincón favorito é, sen dúbida, a zona das estalactitas e estalagmitas, un lugar completamente exótico.

 ¿Que acadades como fotógrafos no Pasatempo que no vos ofreza otro lugar?

Aquí conseguimos conxelar coas nosas cámaras rincóns extraordinarios que distan moito do que podemos atopar noutros parques.

¿Que lle dirías a un estraño para que entendera que é o Pasatempo?

O Pasatempo é un lugar no que perdernos como nenos durante horas, para atoparnos a nós mesmos.

¿Que frase usarías de lema para que a xente defendera a restauración do Pasatiempo?

O Pasatempo é un sitio cheo de historia por todolos seus rincóns e que perdurou a duras penas ata o presente para permitirnos aprender e desfrutar del. ¡Axúdanos a mantelo!


MArTÍn GrAña

¿Que recordo gardas da túa primeira visita ao Pasatempo?

O meu primeiro recordo no parque do Pasatempo é de cando aínda era cativo, recórdome correndo en círculos ao redor do León.
Esto és gracioso, porque claro, eu a única imaxe que tiña era a miña no León. Non recordaba nada máis, nin como se chamaba o sitio, nin moito menos era consciente de que estaba en Betanzos. Foi entón cando, por segunda vez no Pasatempo, dinme conta, cando cheguei ó León, de que ese lugar tan cheo de maxia que tiña visitado sendo un neno, era o Parque do Pasatempo.

¿Que rincón do parque é  o teu  favorito?

O león, polos recordos que me trae.

 ¿Que acadades como fotógrafos no Pasatempo que no vos ofreza otro lugar?

Poder fotografiar miles de cousas, sen ser para nada repetitivos. Esa variedad de ángulos, encuadres e composicións que fan único ao Pasatempo.

¿Que lle dirías a un estraño para que entendera que é o Pasatempo?

Para entender o que é o Pasatempo non hai mellor forma que fixarse no seu nome tan descriptivo. É o que mellor o representa. Un lugar onde o tempo vaise voando, seguro.

¿Que frase usarías de lema para que a xente defendera a restauración do Pasatiempo?

Axuda a reconstruilo. E el axudarate a reconstruirte a ti.



NoELiA COuCeIrO

¿Que recordo gardas da túa primeira visita ao Pasatempo?

O mellor recordo que gardo é quedar fascinada coas maravillas dese sitio, ca cantidade de lugares preciosos para diferentes leceres.

¿Que rincón do parque é  o teu  favorito?

No que se ve o león observando Betanzos.

 ¿Que acadades como fotógrafos no Pasatempo que no vos ofreza otro lugar?

A diversidade de sitios con diferentes decoracións, o que facilita a variedade de fotos. 

¿Que lle dirías a un estraño para que entendera que é o Pasatempo?

Un lugar donde se pode inspirar todo o mundo gracias á variedade de zonas e co cal acaba un fascinado.

¿Que frase usarías de lema para que a xente defendera a restauración do Pasatiempo?

Axúdanos a restaurar o Pasatempo, el axudarate inspirando á túa maxia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario