Mostrando entradas con la etiqueta Derrumbe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Derrumbe. Mostrar todas las entradas

viernes, 26 de octubre de 2018

DERRUMBE - DIARIO DE UNA DESGRACIA (Barco Estanque del Retiro)

La noche del 24 al 25 de Octubre de 2018 se cae una escultura de un barco del Pasatiempo



Casandra es un personaje mitológico que obtuvo el don de la profecía, pero recibió un castigo, nadie creería sus pronósticos. Los miembros de la Asociación de Amigas/os do Pasatempo no tenemos el poder de la adivinación y somos simples mortales de carne y hueso, pero pudimos vislumbrar el futuro.

jueves, 25 de octubre de 2018

Comunicado pola desaparición de parte do templete do Estanque do Retiro



O motivo? 
Que o Concello de Betanzos decidíu quitar a auga do Estanque do Retiro que era a que soportaba o peso do muro da illa. Dende fai meses a Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo alertamos das numerosas grietas que provocaran o cambio de caudal do estanque. O mércores 25 vimos como metían maquinaria de achique no Pasatempo. Durante toda a xornada de hoxe tratamos de contactar cos responsables políticos e técnicos desta decisión sen obter máis resposta que o coñecemento da inmensa maioría. Horas despois o Concello de Betanzos anunciaba o peche do Parque do Pasatempo.

Os culpables? 
Os técnicos betanceiros que aprobaron esta obra, os técnicos de Patrimonio da Xunta de Galicia por non ter parado a este grupo de incompetentes que xa demostraron en décadas pasadas non ter o mínimo coñecemento para tratar co patrimonio e, sobre todo, os cargos políticos que seguen co seu empeño de facer desaparecer a obra de Juan García Naveira.

As responsabilidades? 
A dimisión inmediata dos concelleiros encargados do Parque do Pasatempo, especialmente dos encargados do apartado de Obras e o de Cultura, pola falta de sensibilidade cara o patrimonio de todos os betanceiros, e, en consecuencia, da Alcaldesa de Betanzos.

A solución? 
Sentimos dicir que o tema do Templete, do que vimos advertindo dende fai anos, non a ten. Contra todo isto, a Asociación pensa emprender accións legais.

Por este motivo, a Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo convoca a toda a veciñanza a unha concentración diante do parque o próximo domingo 28 de outubro ás 12 horas